InnJoo presenta a nova gama de terminais para 2016

InnJoo vén de anunciar a gama de produto pola que apostará durante este 2016, nos que se inclúe algún trebello xa coñecido, como o InnJoo Two, o actual flagship da compañía, así comos os novos dispositivos.

O InnJoo Two, dispoñíbel en variantes 3G e 4G, diferénzase do seu predecesor por incluír sensor de pegadas dixitais (tecnoloxía ID Touch), o que permite empregar esta capacidade biométrica para desbloquer o teléfono ou tomar unha foto. Así mesmo inclúe unha pantalla de 5 polgadas, procesador octa core e unha batería de 2600 mAh.

Pola súa banda, o InnJoo Max 2 Plus, pertencente á serie MAX, conta cunha batería de 4600 mAh e cámara principal de 13 megapíxeles con apertura f/2.0 (a frontal é de 8 megapíxeles). Así mesmo, leva un procesador de catro núcleos e dispón de 1 GB de memoria e 16 GB de almacenaxe masiva, ampliábel a 128 GB mediante tarxetas microSD. O Max 2 Plus tamén inclúe Hotknot, unha nova tecnoloxía que serve para compartir sen fíos documentos ou imaxes du nxeito sinxelo e rápido.

innjoo fire 2 plus - 2

Da serie FIRE únense á familia os Fire 2 e Fire 2 Plus. O primeiro deles é un terminal de bordes curvados e carcasa de metal, o que consegue unha experiencia máis premium. Dispón de pantalla de 5 polgadas, cámara de 13 megapíxeles, capacidades dual SIM e batería de 2800 mAh. Pola súa banda, o Fire 2 Plus ten un deseño máis delgado, lixeiro e cómodo. Tamén dispón de estrutura metálica e arco suave, aínda que cunha pantalla de 5,5 polgadas, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna.

Finalmente, o InnJoo X é un smartphone co que, por menos de 60 €, ofrécense todas as prestacións indispensábeis para levar a cabo accións básicas do día a día. Vén con Android 5.1, dualSIM, procesador de catro núcelos e unha batería de 1400 mAh.

Sobre o autor

Reply