Oukitel C3, o móbil de menos de 40 euros

De cando en vez, no medio do rebumbio de terminais Android de gama alta ou media, aparecen propostas moi interesantes, que nos sorprenden polo seu baixísimo prezo. Un deses exemplos é o dispositivo do que hoxe queremos falarvos, o Oukitel C3.

O trebello incorpora unha pantalla IPS de 5 polgadas e resolución HD (1280 x 720 píxeles), o cal é bastante destacábel tendo en conta o seu prezo. No seu interior vén equipado cun procesador firmado por MediaTek, o modelo MTK6580A, que funciona a unha frecuencia de 1,3 GHz. Está acompañado de 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábel á súa vez mediante tarxetas microSD de até 32 GB.

oukitel c3 - 2

No apartado multimedia temos que a cámara principal ten un sensor de 8 megapíxeles con flash LED, mentres que no caso da cámara frontal estamos a falar dun sensor de 1,3 megapíxeles. A batería é de 2000 mAh e vén con Android 6.0 – Marshmallow e unha capa de personalización propia.

O Oukitel C3 está dispoñíbel en cinco cores diferentes (branco, negro, azul escuro, azul clariño e dourado), e ten un PVP de 54,99 dólares. Porén, entre os días 5 e 7 de maio poderase adquirir por 39,99 dólares até a fin dun determinado stock e logo a 49,99 dólares, polo que se estamos interesadas pode ser un bo momento para facerse cun deles.

Máis info.

Sobre o autor

Reply