WhatsApp actualízase cunha chea de novidades

WhatsApp recibe hoxe unha importante actualización que vén a incorporar toda unha serie de novidades das que xa levabamos tempo falando, pero que non se chegaban a producir. A nova versión, xa dispoñíbel na Play Store, irá chegando a todos os móbiles nas próximas horas, así que, para cando actualicedes, isto é o que vos ides atopar.

O primeiro de todo é que chega a resposta rápida, é dicir, a posibilidade de respostar sen ter que abrir a aplicación, xa que chega con que despreguemos as notificacións. Así mesmo, se desde unha conversa calquera prememos o botón de cámara abrirásenos unha franxa coas imaxes tomadas recentemente, para facilitar a compartición de fotografías.

Para aquelas persoas que precisen máis á hora de diferenciar a edición de texto actívase a negriña, cursiva e o rascuño. Deste modo, algo entre * será negriña (*texto en negriña*), algo entre guións será cursiva (_texto en cursiva_) e algo entre ~ será rascuño (~texto con rascuño~).

Ademais tamén chega a selección múltiple de conversas, opción que se activa mantendo o dedo sobre un fío durante uns segundos. Isto permítenos levar a cabo diferentes accións con elas, como podería ser eliminación, arquivo, marcar como non lido…

Ás posibilidades de personalización engádese a de empregarmos cores sólidos como fondo das conversas, sumándose ás actuais opcións de ter o fondo estándar ou poñer unha fotografía. En total temos máis de 20 cores dispoñíbeis para esta opción.

Que vos parecen as novidades?

Sobre o autor

Reply