Xa se pode reservar a nova serie Xperia X de Sony

A nova serie Xperia X de Sony xa se pode reservar. Os dispositivos que foron presentados nun evento sen moitas florituras durante o Mobile World Congress chegan agora ao noso país en modo de prevenda, coa posibilidade de sermos algunha das afortunadas en levalo gratis.

Os tres dispositivos están pensados para cubrir un amplo marxe de mercado, comezando polo Xperia X Performance, o dispositivo máis avanzado, pasando polo Xperia X, con cámara ultrarrápida até chegar á gama baixa co Xperia XA.

Sony Xperia X

O Xperia X destaca especialmente pola súa cámara traseira. Ten 23 megapíxeles e incorpora autofocus híbrido preditivo, co que poderemos captar un obxecto en movemento, dado que predí a traxectoria para ter un resultado máis nítido. Ademais, resulta especialmente rápido, xa que pode tomar a foto en menos de 0,6 segundos desde que tocamos o botón de cámara, algo que axuda a non perdernos un momento inesperado. A cámara dianteira ten un sensor de 13 megapíxeles, permitindo tomar selfies de gran calidade.

En canto a deseño, combina o uso da traseira de metal con bordes curvados en cristal e unha pantalla de 5 polgadas. O sensor de pegadas dixitais está situado no botón de acendido, facilitando o acceso ao contido e o manexo xeral do dispositivo.

Leva o procesador Qualcomm Snapdragon 650, de tecnoloxía de 64 bits e a súa batería promete até 2 días de autonomía. Ademais é compatíbel co sistema de carga rápida de Qualcomm Quick Charge 2.0, que permite conseguir 5,5 horas de autonomía adicional con 10 minutos de carga.

O Xperia X custa 629 €.

Sony Xperia X Performance

Pola súa banda, o Xperia X Performance destaca polo rendemento, grazas ao uso dun procesador Qualcomm Snapdragon 820, un dos máis avanzados que hai agora mesmo no mercado. Así mesmo comparte cámara co Xperia X para ter unha experiencia global do dispositivo moito máis premium.

xperia x permorfance

O Xperia X Permormance custa 729 € e estará dispoñíbel en negro, branco, lima dourado ou rosa dourado.

Sony Xperia XA

Finalmente, o Xperia XA vén cunha cámara de 13 megapíxeles e 0,9 segundos de velocidade de disparo e unha pantalla moi axustada aos marcos. Custa 329 €.

Dispoñibilidade

Todos eles pódense reservar desde hoxe na web de Sony, tendo ademais a posibilidade de facerse cunha pulseira Smarband 2 co 50% de desconto e participar no sorteo dun Xperia Ear. As persoas que prefiran facelo nunha tenda física deberán agardar ao 10 de maio (El Corte Inglés ou MediaMarkt) e recibirán como regalo 12 películas Sony Pictures e un curso online da Xperia Photo Academy valorado en 150 euros.

Sobre o autor

Reply