Energy Phone Max 4000, o novo terminal de Energy Sistem

Energy Sistem vén de anunciar novo terminal, o Energy Phone Max 4000, un dispositivo que fai bandeira da capacidade da súa batería de 4000 mAh, coa que aseguran pode acadar as 72 horas de autonomía nunha soa carga completa.

O trebello integra unha pantalla IPS de 5 polgadas con calidade HD e un acabado de tratamento antipegadas dixitais que fai posíbel que se manteña limpa durante máis tempo.

Energy Phone Max 4000 -2

No seu interior vai equipado cun procesador ARM Cortex A7 de catro núcelos a 1,3 GHz, aderezado con 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis mediate tarxetas microSD de até 128 GB de capacidade.

Porén, como comentamos ao comezo do artigo, se hai algo que destaca neste modelo é a súa batería de 4000 mAh. Ademais de darlle ao dispositivo unha autonomía superior tamén se pode empregar para cargar outros smartphones co simple xesto de conectalos entre si.

En canto a software, vén con Android 5.1 (Lollipop), sen apenas personalizacións por parte do fabricante. Custa menos de 100 euros e se poderá mercar nos distribuidores habituais. Que vos parece?

Sobre o autor

Reply