Retrásase a Xiaomi Mi Band 2
O lanzamento da smartband de Xiaomi, a Mi Band 2, estaba programada para o mes de maio pero esta semana anunciouse que se ía retrasar alo menos un mes por problemas de producción. Malia todo, agárdase que se manteña a súa presentación no evento que se vai celebrar o día 10 deste mes.
O teclado de Google chega á versión 5.0
O teclado de Google actualizouse estes días á versión 5.0 e trae como novidades, entre outras, as seguintes funcións:
- Eliminar palabras enteiras deslizando á esquerda desde la tecla de borrar.
- Definir as teclas, resaltando o borde das mesmas.
- Accesos rápidos a emojos desde o menú de símbolos.
Marshmallow medra até o 7,5%
O informe do mes de maio que fai Google xa está dispoñíbel e sinala o crecemento de Marshmallow en relación ao mes de abril. En contreto pasouse do 4,6% ao 7,5%. Malia duplicarse ese dato, pensamos que a velocidade de actualización é lenta. O problema da fragmentación en Android é unha constante de dificil solución, pois son moitas as empresas presentes con diferentes intereses.
HTC ten case listo un smartwatch?
Todos os rumores sinalan que o vindeiro mes de xuño HTC presentará o seu primeiro smartwatch. HTC aínda que agora pase por horas baixas, é unha das empresas de máis sona no mundo Android que aínda non contaba cun reloxo intelixente.
Se os rumores se confirman, esta situación rematará o día 6 de xuño nun evento no que se daría a coñercer o reloxo que podería incorporar eSIM co que podería funcionar sen estar vencellado ao móbil.
Un rapaz de 10 anos atopou un bug en Instagram e gañou 10000$
Esta semana coñecemos a historia de Jani, un rapaz finlandés que gañou 10.000$ grazas a atopar un bug na app de Instragram polo que calquera podía acceder aos servidores da plataforma e borrar os comentarios publicados polas usuarias en calquera tipo de contas, verificadas ou non.
Sen dúbida, este rapaz ten futuro no sector da seguridade informática se é que lle segue gustando.