Grandes ofertas en pagos móbiles con Vodafone Wallet

Mentres moitos bancos ultiman os seus sistemas de pagos móbiles, Vodafone Wallet segue collendo vantaxe com0 plataforma de pago universal, tanto por ser compatíbel con todos os bancos que operan no nos país como polas súas ofertas adicionais da man de varios partners a través do programa Ventajas Vodafone.

Precisamente estas ofertas veñen de ser agora ampliadas de maneira sorprendente, tanto na súa diversidade temática, que van desde as entradas de espectáculos á alimentación, pasando polos servizos vacacionais ou a moda. Na actualidade son máis de 200 as marcas e servizos que están incluídas no programa Ventajas Vodafone, entre elas C&A, FNAC, Pepe Jeans, BP, Game, La Nevera Roja, Meliá, Imaginarium, Yelmo Cines, Hoteles.com, Just Eat, Toys R Us, Carrefour, Europcar, Philips, Douglas, Destinia, Telepizza, McDonalds, Casa del Libro, Expedia, Amazon e Midas.

Por poñer algúns exemplos destas ofertas, a través do programa Ventajas Vodafone pódense obter descontos de até o 30% nas entradas de cine das salas dos grupos Cinesa e Yelmo Cines, até 30 € de desconto en carburantes nas gasolineras do grupo BP ou o 15% de rebaixa nos pedidos a JustEat.

Vodafone Wallet é unha aplicación exclusiva para as clientas de Vodafone. Para operar con ela o único requerimento é dispór dunha tarxeta SIM NFC (de non tela pódese pedir o cambio gratuitamente á operadora) e un dispositivo Android compatíbel (hai máis de 60 modelos no seu catálogo que xa o son). Unha vez configurada a app cos datos das nosas tarxetas bancarias xa poderemos facer pagos nos establecementos que dispoñan de terminais de cobro compatíbeis coa tecnoloxía NFC (a meirande parte deles xa o son).

Wallet é un servizo totalmente gratuíto, polo que os pagos a través desta ferramenta non levan asociadas comisións. Ademais tamén resulta máis seguro, dado que non se comparte o noso número de tarxeta co establecemento, senón o dunha pasarela intermedia.

 

Vía

Sobre o autor

Reply