Google propón emojis femininos para fomentar a igualdade

Os emojis gañan cada día máis forza nas nosas comunicacións, co que se xeran novas necesidades. Se ben hai unhas semanas puidemos celebrar que por fin temos emojis raciais para representar ás persoas con diferentes cores de pel, agora Google vén de propór a Unicode os emojis femininos, co obxectivo de fomentar a igualdade.

O Consorcio Unicode é a entidade sen ánimo de lucro que se encarga de estandarizar os emojis, de tal xeito que cando os aproban pasan a ser integrados de xeito universal por todos os servizos e dispositivos que usan emojis. Google vén de dirixirse a eles cunha proposta de cando menos 13 novos emojis que teñen como obxectivo pór en valor as carreiras laborais das mulleres, até o de agora ausentes.

emojis femininos - 2

emojis femininos - 3

Unicode realiza revisións periódicas daa listaxe de emojis e está previsto que a próxima gran revisión sexa a finais de 2016, polo que de aceptarse esta petición feita por Google a partir do próximo ano poderíamos ter xa connosco os emojis femininos no camiño de acadar a plena normalidade.

Vía

Sobre o autor

Reply