Samsung vén de anunciar unha nova tablet da serie Galaxy A, a familia de tablets económicas do fabricante surcoreano. Falamos da nova Samsung Galaxy Tab A 10.1, un modelo que chegará ao mercado europeo cun prezo de pertida por baixo dos 300 euros.
O novo trebello de Samsung incorpora unha pantalla WUXGA TFT de 10,1 polgadas cunha resolución de 1920 x 1200 píxeles con formato 16:10. No seu interior leva un procesador de fabricación propia, o modelo Exynos 7870 de 8 núcelos que funcionan a 1,6 GHz, acompañados de 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, que poden ampliarse até en 200 GB extra a través de tarxetas microSD.
A cámara principal é de 8 megapíxeles e a frontal de 2 megapíxeles, unha calidade que non destaca especialmente pero que resulta abonda para as aplicacións de videochamada. A súa batería é de 7.300 mAh.
Como sistema operativo, a nova Samsung Galaxy Tab A 10.1 vén con Android 6.0 Marshmallow, a última versión de Android, aínda que por suposto esta está algo maquillada coa capa de personalización propia de Samsung, TouchWiz.
En Alemania, onde foi anunciada, chegará ao mercado por 289 euros a versión unicamente WiFi e 349 euros a alternativa con conectividade LTE. Polo de agora non temos coñecemento da súa posta á venda en España, pero seguramente sexa cuestión de días que apareza no noso país.