Android Wear 2.0 traerá moitas novidades en outuno

Google Assistant, Allo e Duo, Google Home… este I/O vén cargado de novidades, que tamén chegan aos nosos smartwatches. Android Wear 2.0 contará cunha completa renovación de deseño achegando o Material Design os nosos reloxos, podendo elixir se metemos iconas pequenas ou non ou amosar só a información xusta para non saturar as pequenas pantallas dos dispositivos.

Android Wear 2.0 01

Ademáis, unha das principais novidades é a chegada dos teclados virtuais aos smartwatches e tamén a escritura con xestos para responder as notificacións directamente desde o reloxo e así tamén aproveitar outra das importantes melloras: xa podemos empregar as app en reloxos de xeito independente aos móbiles aproveitando así a conexión WiFi ou de datos, facendo instalacións directamente na memoria do dispositivo.

android wear 02

Con esta profunda actualización agora será máis doado ca nunca desfrutar das apps de mensaxeria, actividade física e información nos nosos smartwatches. Está previsto que cheguen aos reloxos en outono deste ano.

Sobre o autor

Reply