As aplicacións Android chegarán a ChromeOS

Levamos moito tempo falando da posíbel converxencia de Android e ChromeOS, aínda que iso é algo que non parece que vaia producirse de maneira inminente. Mais o que si é certo é que haberá un achegamento entre ambos sistemas operativos, xa que Google vén de anunciar que as aplicacións Android chegarán a ChromeOS ao longo deste ano, tras unha fase de probas que comezará no mes de xuño.

Será necesario que as desenvolvedoras optimicen as súas aplicacións a ChromeOS, algo que Google aspira que supoña un esforzo mínimo ou nulo para elas. Grazas a isto as usuarias de Chromebooks e outros trebellos con ChromeOS poderán disfrutar da Play Store tal e como a coñecemos nos móbiles.

play store

Durante o mes de xuño serán liberadas as ferramentas para desenvolvedoras compatíbeis cos Asus Chromebook Flip, Chromebook Pixel (2015) e Acer Chromebook R11, co fin de que se poidan facer as probas necesarias antes do lanzamento oficial. O resto de Chromebooks que serán compatíbeis coas aplicacións Android, ademais dos citados e os que se poidan lanzar este ano, pode consultarse nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply