Mininovas Android: a malla da semana

Android Pay chega a UK

android pay - 1

Esta semana chegou Android Pay, o sistema de pagamento móbil de Google, ao Reino Unido. Os seguintes países da

Twitter permitirá facer Periscope´s desde a propia app

twitter boton live

Twitter segue apostando forte pola súa plataforma de streaming en directo, Periscope e unha mostra máis é que proximamente engadirá un botón co que dacer directos desde a propia app de Twitter sen ter que abrir a de Periscope e así facilitar o traballo grazas a ese novo botón que se chamará Live.

Amdroid N permitirá actualizacións sen apagar o terminal

roms-android

Android N estreará un sistema doble partición da memoria, unha principal e outra secundaria. A secundaría empregarase para descargar e instalar a actualización do sistema, e así cando reiniciemos o dispositivo ter todo a punto e desfrutar da actualización en menos tempo.

Esta nova funcionalidade estará dispoñíbel en todos os terminais Android N con Android Stock de agora en diante, pero xa sabemos que aos actuais Nexus non chegará, segundo Google, polas complexidades técnicas do proceso, pois as usuarias terían que facer elas mesmas a partición e claro, non todas se queren meter en líos.

Xiaomi presentará un drone o día 25 de maio

Desde a conta oficial de Twitter da empresa, Xiaomi confirmou esta semana que durante o evento do 25 de maio van presentar un drone. Ese día coñeceremos se todos os rumores son certos e veremos se este drone sorprende tanto ao mercado como o fan os seus smartphones que se caracterizan por ter un bo hardware a prezos contidos.

Xa se venden máis Chromebooks ca Mac´s

hp chromebook 13 03

Segundo a IDC durante o primeiro cuarto do ano, nos EUA vendéronse 1,76 millóns de Mac´s mentres que, en conxunto, DELL, HP e Lenovo venderon case 2 millóns de Chromebooks.

Certo que non hai unha empresa que pola súa conta sexa quen de pelexar con Apple, pero aínda así estas cifras agregadas non deixan de sosprender. Detrás do dato, temos que ter en conta que nas escolas americanas os Chromebooks son os grandes gañadores para as rapazas. Iso sí, fóra dos EUA estas cifras non son iguais e aínda lles queda moito traballo por facer. A posibilidade de contar coa Play Store será o empurrón que precisan?

Google I/O

google io 16

Esta semana foi o evento anual de Google dirixido a desenvolvedores no que amosan as apostas da empresa para os vindeiros meses. A continuación deixámosvos os artigos relacionados que foron publicados co gallo do evento, por se algunha se perdeu algún:

Sobre o autor

Reply