Novo DOOGEE T3, con acabados de luxo, deseño simétrico e dobre pantalla

O fabricante de smartphones DOOGEE vén de presentar o seu novo terminal, o DOOGEE T3, un dispositivo que malia o seu prezo acotado ten varias características que o fan especial: os seus acabados, o deseño simétrico e a incorporación de dúas pantallas.

O trebello incorpora unha pantalla principal con calidade HD e 4,7 polgadas, fabricada con tecnoloxía G+FF Full Lamination, que permite que sexa mais fina e brillante. Acompañando a esta temos un segundo panel LED de 0,96 polgadas na parte superior coa que podemos ver as calorías queimadas, os pasos que imos dando ou as notificacións das chamadas e mensaxes, entre outras cousas.

O segundo aspecto diferenciador do aparello é o seu deseño e materiais, cambiando o plástico ou o metal por unha carcasa traseira en pel auténtica, algo que até o de agora só viramos en dispositivos de alta gama, como o LG G4 lanzado o ano pasado. E, finalmente, o outro aspecto diferencial é o seu carácter totalmente simétrico, polo que os laterais dereito e esquerdo son exactamente iguais.

doogee t3 - 2

Por último, e co obxectivo de mellorar a experiencia de aquelas persoas que manexan varias contas nun mesmo dispositivo, ten habilitada a interface dual, que permite manexar dúas contas de Facebook, de WhatApp ou calquera outra aplicación ao mesmo tempo. Floating video, unha funcionalidade que permite manter o vídeo sobre outras apps, é outra das características software que incorpora, e Smart Key axuda a que poidamos configurar un botón para lanzar aplicacións como cámara, gravadora de son, reproduducir música, ou abrir unha aplicación que nos interese. E todo ilo baixo Android 6.0 Marshmallow.

Falando xa de prestacións técnicas, o DOOGEE T3 leva un procesador MTK6735 de oito núcleos, 3 GB de memoria RAM, 32 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 32 GB, cámara principal de 13 megapíxeles con sensor SONY CMOS e frontal de 5 megapíxeles con ángulo de 85 graos, conectividade 4G e funcionalidades dual SIM.

O dispositivo está á venda nas canles online desde 199 dólares.

Sobre o autor

Reply