As chamadas WiFi de Orange chegan a Android

Hai un tempo Orange anunciou o seu servizo de chamadas WiFi, que permitía ás usuarias de iPhone realizar e recibir chamadas a través das redes WiFi sen custe adicional. Este servizo chega agora a dispositivos Android, aínda que polo de agora unicamente ás usuarias dos modelos Galaxy S6, S6 Edge, S7 e S7 Edge de Samsung.

Con este servizo as clientas desta operadora poden chamar e recibir chamadas mesmo sen ter cobertura móbil grazas ao uso de redes sen fíos WiFi, o que mellorará a experiencia de moitas en lugares de pouca cobertura, como grandes edificios, baixos ou lugares afastados.

Activar este servizo, que é gratuíto, é tan sinxelo como acudir ao menú de axuste para seleccionar “Chamadas WiFi”. Feito isto, de estarmos conectadas a unha rede sen fíos comezaremos a realizar as chamadas a través desta, sen importar cal sexa a operadora que proporcione o acceso a Internet.

As chamadas cursaranse como chamadas estándar, polo que non é preciso que a interlocutora teña un teléfono semellante ou algunha aplicación instalada. Así mesmo tamén se tarifican segundo o plan de prezos que teñamos contratado.

Polo de agora este sevizo funciona coas redes WiFi situadas en territorio español, aínda que está previsto que nun futuro tamén se poida empregar en redes WiFi de outros países, para poder falar coa casa co prezo dunha chamada sen roaming.

Galaxy S7 e S7 Edge en rosa, exclusivo en Orange

galaxy s7 rosa

Orange aproveitou este anuncioa para indicar que, desde hoxe, as súas clientas poden adquirir en exclusiva o Galaxy S7 e Galaxy S7 Edge en cor rosa, desde 26,75 €/mes coa tarifa Canguro Familia ou desde 719 € no mercado libre.

Sobre o autor

Reply