Tras deixarse cazar nunha imaxe filtrada, o Sony Xperia E5 xa é oficial. Trátase do novo terminal de entrada de Sony, que destaca por ter unhas prestacións máis que aceptábeis cun prezo inferior aos 200 euros, aínda que de momento non está confirmada a súa presenza no noso país.
O trebello integra unha pantalla de 5 polgadas con resolución HD (1280 x 720 píxeles) e no seu interior leva un procesador fabricado por MediaTek, opción que Sony, como HTC, está a introducir nos modelos de gama media. En concreto trátase do MT6735, de catro núcleos a 1,3 GHz, acompañado de 1,5 Gb de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 200 GB.
A cámara principal é de 13 megapíxeles, fronte os 5 megapíxeles do modelo frontal, e a súa batería de 2700 mAh. Ademais vén con NFC, 4G-LTE, radio FM e a súa batería sitúase nos 2700 mAh de capacidade.
Sobre o seu deseño e acabados, o dispositivo ten unhas medidas de 144 x 69 x 8,2 mm e un peso de 147 gramos. O material predominante é o plástico e podémolo atopar en dúas cores, branco ou negro por algo menos de 200 euros.