58,31 € co cambio actual. Iso é o que custa o novo Doogee X5 Max, o dispositivo do que queremos falarvos hoxe, que malia o seu axustado prezo incorpora funcionalidades de gama alta, como o lector de pegadas dixitais, aínda que habería que probalo para ver o ben que funciona.
Este trebello incorpora unha pantalla IPS de 5 polgadas con resolución HD, e no interior leva un procesdor MediaTek MTK6580 de catro núcleos, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, que podemos ampliar mediante tarxetas microSD.
No caso da cámara principal temos un sensor de 8 megapíxeles con flash LED, e a frontal é de 5 megapíxeles. Ten 4000 mAh de batería, conectividade unicamente 3G dual SIM e leva Android 6.0 – Marshmalllow como sistema operativo.
En canto a materiais está acabado en plástico, e podemos escoller se preferimos o modelo en branco ou en negro. O xa nomeado lector de pegadas dixitais sitúase na parte central traseira, unha ubicación cómoda para empregar co dedo índice.
Que vos parece este novo dispositivo?