Samsung vén de lanzar novos accesorios nun evento celebrado esta tarde en New York, entre os que destacan os Samsung Gear IconX, uns auriculares sen fíos que, ademais de polo seu deseño minimalista, destacan pola incorporación dun sensor de ritmo cardíaco capaz de rexistrar os nosos latexos e ser quen de contabilizar as calorías queimadas e distancia percorrida durante os nosos entrenamentos.
En canto a especificacións técnicas non se deron moitos detalles, máis aló de que o accesorio conta con 4 GB de memoria interna para que poidamos gardar a nosa música e reproducila sen ter que levar o móbil enriba ou que a batería ten unha autonomía de 6 horas de funcionamento, ás que se poden sumar outras 12 coa carga que lle pode dar a caixa na que se gardan. Para sincronizalos cun teléfono o único requerimento é que este use Android 4.4 ou superior e teña unha RAM mínima de 1,5 GB.
Os novos Gear IconX cehgarán ás tendas no mes de xullo en tres cores (branco, negro ou azul) por un prezo que rondará os 200 euros.