Samsung anuncia a nova Gear Fit 2

Xunto coa Gear IconX da que xa vos falamos onte, Samsung anunciou onte a Gear Fit 2, unha nova versión da súa pulseira cunatificadora da actividade que funciona con Tizen e ten apenas 30 gramos de peso.

O accesorio leva unha pantalla curva SuperAMOLED de 1,53 polgadas con resolución 432 x 215 píxeles, e no seu interior alberga un procesador Exynos de dobre núcleo a 1 GHz, xunto con 4 GB de memoria RAM e diversos sensores, entre les de ritmo cardíaco e GPS. A súa batería achégalle unha autonomía duns 3 días de uso.

samsung gear fit 2 - 2

Como sistema operativo apostan por Tizen, que como xa temos comentado noutras ocasións está a ser o empregado polo fabricante surcoreano nos seus wearables. Entre as súas funcións están as habituais de servir de centro de notificacións e traballar con aplicacións propias de todo tipo, aínda que está especialmente pensado para a xestión de actividades e funcionalidades durante a práctica deportiva.

Está previsto que a nova Gear Fit 2 chegue ás tendas a partir do próximo 10 de xuño en negro, azul ou morado, aínda que polo de agora non se coñece o seu precio. Poderá funcionar en todos os Android con versión 4.4 ou superior.

Sobre o autor

Reply