Dell anuncia un monitor de 43 polgadas e catro entradas

Somos moitas as que disfrutamos de traballar con varios monitores a un tempo, algo que mellora a produtividade, mais isto pode chegar a ser unha limitación por unha cuestión de espazo. Dell vén de pór o seu graíño de area para o solucionar co lanzamento do seu novo monitor de ultra definición.

Dell P4317Q - 2

O modelo P4317Q ten unha pantalla IPS de 43 polgadas con resolución 3.940 x 2.160 píxeles e integra no seu corpo 2 altofalantes de 8 watts, 1 porto DisplayPort, 1 porto MiniDisplayPort, 2 HDMI, 1 VGA, 1 USB 3.0, 1 entrada de audio, 1 saída de audio jack 3.5 e 1 porto RS232.

Porén, unha das súas principais características é que admite catro entradas independentes, co que podemos amosar nun único dispositivo varias fontes de información. Poderase mercar por algo máis de 1000 euros.

Sobre o autor

Reply