Vodafone leva bastante tempo centrando os seus esforzos en ter a mellor rede 4G do Estado, tanto en cobertura como na calidade da mesma, polo que vén de poñer en marcha a iniciativa Rede 4G Garantida, coa que compensará con 1 GB de datos ás usuarias que perciban unha diminuación da calidade da rede de datos 4G.
Con esta nova proposta, de non estarmos satisfeitas coa calidade que ofrece a rede 4G de Vodafone nun determinado momento, poderemos solicitar a compensación de 1 GB directamente desde a aplicación móbil Mi Vodafone, sen ter que facer xestións adicionais a maiores. Este GB poderase consumir nas 24 horas seguintes á solicitude, habendo un máximo de 1 compensación ao mes e 3 veces ao ano por clientes.
Ademais, Rede 4G Garantida tamén conta cunha nova ferramenta que permite realizar tests de velocidade sen consumir datos na tarifa e permite monitorizar o consumo de datos feito por cada aplicación nos últimos 30 días. Así mesmo tamén inclúe os datos consumidos a través das redes WiFi.
Rede 4G Garantida está dispoñíbel desde hoxe tanto para particulares (contrato e prepago) como para autónomos e microempresas.