Lowi dobra os megas polo mesmo prezo durante os 3 meses de verán

Hai uns días comentamos que Amena, a marca low cost de Orange, regalaría 500 megas extra de datos durante o verán, e hoxe é a marca branca de Vodafone, Lowi, a que anuncia novidades que van na mesma liña

Deste modo, todas as usuarias de Lowi, tanto novas como actuais clientas, poderán disfrutar do dobre de megas contratados durante 3 meses, coincidindo coa época do ano na que máis datos gastamos e como xeito de fidelización.

As usuarias que den de alta un novo servizo terán a promoción activada por defecto, mentres que as clientas actuais deberán acceder a aplicación para solicitar a alta gratuíta na promo.

Sobre o autor

Reply