Vense de coñecer a nova de que Microsoft compra LinkedIN, a rede social de emprego máis importante, por unha cifra que ascende aos 26.200 millóns de dólares, arredor de 23.200 millóns de euros ao cambio.
Segundo parece, Satya Nadella (CEO de Microsoft) confirmou que LinkedIN seguirá, de momento, funcionando de forma independente, mantendo a súa marca e tamén o seu CEO, Jeff Weiner.
O acordo pecharase ao longo dos próximos meses por todo o papeleo que supón unha operación desta embergadura, pero a operación conta co apoio dos accionistas maioritarios da compañía mercada.