Uber tamén ten o seu propio coche autónomo

Medra o número de empresas que están a traballar cos seus coches autónomos. Enriba da mesa temos propostas que veñen de empresas como Google ou Apple, mais tamén de fabricantes como Citroën ou Ford. A todas elas súmase agora Uber, o popular (e polémico) servizo de transporte que está a probar unha pequena frota de vehículos sen condutor polas rúas de Pittsburgh.

Estas probas nacen dunha colaboración de Uber coa Universidade de Carnegie Mellon, na que tamén participa Ford. O vehículo empregado é un Ford Fusion híbrido, que está equipado con todo tipo de radares, escáneres láser e cámaras de alta resolución que emprega tanto para coñecer o entorno que o rodea como para trazar as rutas que o leven ao destino.

uber coche autonomo - 2

Malia a presión que hai sobre Uber con este tema, en gran medida por que o seu principal competidor xa anunciou a súa intención de poñer en circulación os primeiros taxis eléctricos e sen conductor o próximo ano, polo de agora non sabemos cando serán unha realidade que todas poidamos usar.

Sobre o autor

Reply