Haier estréase cos sensores de pegadas dixitais co novo Haier L55

Como comentamos hai unhas semanas, a coñecida marca de electrodomésticos Haier deu o salto aos smartphones, cun catálogo en crecemento no que apostan pola combinación de calidade e prezo. Os últimos terminais engadidos a esta lsitaxe son os Haier L55, Haier L52 e Haier L56, cos que a marca quere dirixirse a varios tipos de usuaria.

Haier L55

O primeiro destes modelos, o Haier L55, é un dispositivo que incorpora unha pantalla de 5 polgadas con resolución HD, que no seu interior alberga un procesador MediaTek (modelo MT6735P), de catro núcelos a 1 GHz e 1 GB de memoria RAM. A batería fica nos 2020 mAh e as cámaras son de 8 e 5 megapíxeles (traseira e frontal, respectivamente), a principal con detección de fase e a frontal con enfoque fixo.

haier l55

Porén, o aspecto diferenciador deste trebello é a incorporación do lector de pegadas dixitais, situado na parte posterior do dispositivo, así como a súa aposta por un chasis de 8,2 mm de grosor e un peso de 135 gramos.

Haier L56

Pola súa banda, o Haier L56 é a aposta da compañía polo deseño premium a un prezo asequíbel a todos os petos, destacando, ademais de polas súas liñas e grosor de apenas 7,2 mm, polos materias, cun acabado en aluminio.

haier l56

A súa pantalla é tamén de 5 polgadas, fabricada con tecnoloxía IPS e resolución HD, e o procesador é o modelo MT6735 de 64 bits, tamén firmado por MediaTek. A memoria RAM sube até os 2 GB e as cámaras son de 13 e 5 megapíxeles, para principal e frontal respectivamente. A batería fica nos 2000 mAh.

Haier L52

Finalmente, o Haier L52 é o dispositivo máis sinxelo dos tres. Tamén dispón dunha pantalla de 5 polgadas, aínda que neste caso con resolución unicamente FWVGA (854 x 480 pixeles). Das súas especificacións o que máis destaca é a conectividade 4G.

haier l52

Polo demais, as cámaras son de 5 e 2 megapíxeles e no interior temos o mesmo procesador ca o L55, 1 GB de RAM e 2000 mAh.

Prezos

O Haier L55 venderase por 149 euros, mentres que o Haier L56 subirá até os 169 euros. Pola súa banda, o pequeno da familia, o Haier L52, ficará nos 89 euros.

Sobre o autor

Reply