Así é o novo OnePlus 3

Logo de moitas semanas de díxome – díxome, o OnePlus 3 xa é unha realidade tras a súa presentación oficial, que confirmou moitas das características que se viñeran filtrando até o momento.

O dispositivo conta cun deseño moi coidado, cos bordes lixeiramente redondeados e acabados en corte láser para afinalos. O material predominante é o aluminio, e na parte traseira incorpora o lector de pegadas dixitais, protexido cun recubrimento cerámico para facelo máis resistente.

oneplus 3 - 2

En canto a especificacións técnicas, incorpora unha pantalla de 5,5 polgadas tipo AMOLED con resolución FullHD (1920 x 1080, 401 ppp). No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 820, con GPU Adreno 530, acompañado de 6 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria RAM. Ademais ten conectividade LTE Cat 6.

No que ten a ver coa cámara, a principal ten un sensor de 16 megapíxeles con estabilizador dual, unha mixtura do estabilizador óptico OIS, habitual en moitos terminais de gama alta, e o estabilizador electrónico (EIS). No caso da cámara frontal apostaron por un sensor de 8 megapíxeles, cunha función que detecta sorrisos para sacar selfies perfectos.

oneplus 3 - 3

A batería é de 3000 mAh, e nela atopamos outro aspecto diferenciador deste smartphone, o sistema de carga rápida Dash Charge, capaz de cargar o 60% da mesma en tan só 30 minutos, sempre e cando se use o cargador USB tipo C que se proporciona co dispositivo.

O sistema operativo do OnePlus 3 é OxygenOS, baseado en Android 6.0.1 Marshamallow, con funcións de personalización adicionais e con bootloader desbloqueado.

Para todas aquelas que se queiran facer cun OnePlus 3, está xa dispoñíbel sen convite na tenda online por 399 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply