Teléfonos, wearables e lentes de realidade virtual: o novo de Vodafone

Á mañá falámosvos do Vodafone Smart Prime 7, un smartphone de marca propia que Vodafone anunciou para este 2016. Porén, este dispositivo non chegou só, senón acompañado por outros dous teléfonos (Smart Platinum 7 e Smart Ultra 7) e tres wearables: a Grand Band III, o Go Watch  e uns lentes de realidade aumentada, as Vodafone Smart VR.

Os accesorios están fabricados por Alcatel e ZTE, e Vodafone quere axudar á súa rápida difusión entre as súas usuarias, ofrecéndoas por apenas 1 ou 2 euros adicionais ao prezo das nosas tarifas.

Vodafone Smart Platinum 7

O Smart Platinum 7 incorpora unha pantalla AMOLED de 5,5 polgadas e resolución QuadHD, e no seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 652, xunto con 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna Ademais, dispón de lector de pegadas dixitais, 3000 mAh de batería con carga rápida 3.0.

vodafone smart platinum 7

A cámara principal é de 16 megapíxeles, con dual LED, e a frontal de 8 megapíxeles. O son é estéreo Boomsound e vén con Android 6.0 Marshmallow.

O dispositivo está dispoñíbel en negro por 14 €/mes para portabiliaddes e compromiso de 18 meses no plan L, que inclué fibra 50 megas ou ADSL, 6 GB, chamadas ilimitadas, roaming e TDT. Quen prefira mercalo libre pode  facerse con el por 395 € ou 417 € xunto o reloxo Go Watch.

Vodafone Smart Ultra 7

Por outro lado, o Vodafone Smart Ultra 7 é un terminal algo máis asequíbel, polo que tamén ve recurtadas as súas especificacións. A pantalla é un panel FullHD de 5,5 polgadas, protexida con Dragontrail, e no seu interior leva un procesador MediaTek 6755, 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna e unha batería de 3000 mAh.

A cámara principal é de 13 megapíxeles, e a frontal de 5. Tamén dispón de NFC, o que permite que sexa un dispositivo compatíbel con Vodafone Wallet.

Grand Band III

vodafone grand band iii

Aoperadora tamén anunciou a Grand Band III, unha pulseira que mide a calidade de sono, pulsacións e actividade física en xeral, e que tamén pode usarse para saber das chamadas perdidas. Pódese adquirir xunto co Smart Prime 7 por 1 €/mes adicional.

Go Watch

O Go Watch, que podemos adquirir xunto o Smart Ultra 7 por 2 € adicionais ao mes, é un reloxo intelixente resistente á auga e a o pó segundo os estándares IP67, que serve para monitorizar a nosa actividade cardíaca e física, avisar das alertars ou controlar a reprodución de música ou a cámara.

Vodafone Smart VR

vodafone smart vr

Por último, Vodafone tamén anunciou os seus lentes de realidade virtual, que chegarán en verán xunto o Smart Platinum 7.

Que vos parecen?

Sobre o autor

Reply