Vodafone anuncia hoxe a actualización do seu catálogo de dispositivos de marca branca co novo Vodafone Smart Prime 7, un renovado dispositivo que destaca pro dispór da última versión de Android dispoñíbel a día de hoxe oficialmente, Android 6.0 Marshmallow, e, sobre todo, polos seus acabados, nos que apostan polo uso do metal nos marcos.
O trebello, fabricado por ZTE, incorpora unha pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 294 ppp e unha lixeira curvatura 2.5D. No seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 210 de catro núcleos a 1,1 GHz, xunto con 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna (aproximadamente 5 GB dispoñíbeis para as usuarias) ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 128 GB.
No apartado fotográfico temos que a cámara principal ten 8 megapíxeles con flash LED, mentres que a frontal é de 5 megapíxeles. A súa batería chega aos 2.450 mAh e conta con conectividade 4G até 150 Mbps.
O novo Vodafone Smart Prime 7 pódese adquirir en gris e negro ou en branco e dourado por 109 €, se o pagamos dunha soa vez e sen permanencia, ou a prazos de 4 € con calquera das tarifas, o que nos obrigará a asinar unnha permanencia na compañía de 2 anos.