É certo que cada vez recibimos menos chamadas con números ocultos, pero aínda chegan. A estas chamadas hai que engadir as chamadas que podemos recibir de persoas que non temos na axenda. O principal problema e discriminar se a chamada pode ser do noso interese ou non. Entre as que non, podemos destacar o spam telefónico.
Por este motivo, hoxe queremos presentarvos 2 apps que nos poden axudar a indentificar se ese número oculto ou descoñecido pode pertencer a unha empresa que só busca colocarnos algún dos seus productos e decidir se queremos atender a chamada. Estas apps son:
Contactive
Esta app basea o seu funcionamento nunha ampla base de datos co cal Contactive o que tenta é atopar a chamada entrante nesa base de datos e así facilitarnos información útil sobre o emisor. Nesta ligazón podedes probar a app descargándoa de balde na Play Store
Truecaller
Coma a anterior app, Truecaller conta cunha base de detrás da que bebe e así informarnos sobre a chamada (imaxes, opinións,…), pero ademáis engade unha interante funcionalidade. Se ese número insiste e fai novos intentos para contactar con nós, esta app permite o bloqueo do número. Se queres probar Truecaller, nesta ligazón podedes descargala de balde.