Simyo engade novos bonos de datos e minutos en roaming

Tras lanzar as tarifas á carta, Simyo está a popularizar os bonos horarios. Aos xa anunciados bonos noite e finde, gigas ou minutos para consumir en horario nocturno ou en fin de semana respectivamente, vén de sumar agora dous novos bonos para empregar en roaming.

Os bonos para roaming permiten usar 100 MB de datos por 1,99 euros ou falar 20 minutos por 0,99 euros, o que supón un aforro considerábel fronte as tarifas estándar. Ademais, a compañía laranxa permite que, unha vez rematado o bono, poidamos contratar un novo pola mesma cantidade de euros.

A diferenza de outras promocións de roaming semellantes, como o Go Europa de Orange (100 MB ou 100 minutos por 1 € a consumir no día que se use), os bonos de Simyo teñen unha duración de 30 días, polo que poden ser unha mellor opción para aquelas persoas que fan un consumo escaso deste servizo.

Sobre o autor

Reply