Fíltrase o pequeno dos novos Nexus, o HTC “Sailfish”

Raro é o dispositivo que nestas datas chega á súa presentación sen terse filtrado, total ou parcialmente. Isto é o que vén de pasar co pequeno dos dous novos Nexus que prepara Google para este outono, con nome en clave Sailfish.

O novo dispositivo suporá o regreso de HTCá fabricación dos Nexus, e segundo esta información filtrada contará cunha pantalla de 5 polgadas FullHD (resolución 1920 x 1080 píxeles), procesador de 4 núcleos a 2 GHz, 4 GB de memoria RAM, 32 GB de memoria interna e cámaras de 12 2 8 megapíxeles. A batería sería de 2770 mAh e virá con USB Tipo C e lector de pegadas dixitais circular, situado na parte traseira.

O Sailfish estará acompañado dun dispositivo de maior tamaño, que seguramente será fabricado por Huawei.

Sobre o autor

Reply