Mininovas Android: Dell abandona Android, novidades en Twitter e máis

DELL deixa o mercado de tablets con Android

dell venue 10 01

O xigante americano, DELL anunciou esta semana que deixaban o mercado de tabletas con Android pola saturación actual. Seguirán fabricando tablets pero con Windows.

Malia o anuncio de deixar o mercado, as usuarias que teñan unha tableta DELL con Android seguirán tendo tanto garantía coma soporte técnico.

Seul terá sinais para peatóns que usan o móbil pola rúa

seoul-safety-signs

En Seul veñen de colocar sinais (tradicionais) para lembrarlles aos peóns os perigos de ir pola rúa coa vista posta no smartphone. A medida é interesante, pero pensamos que esta sinalización debe ser outra, porque se non ven un sémaforo por ir coa vista fixa na pantalla, tampouco verán unha advertencia sobre usos poucos axeitados do móbil pola rúa.

Polo de agora, están en probas e colocaron a modo de proba sinais en cinco das rúas máis senlleiras da capital surcoreana.

Twitter permitirá engadir stickers ás nosas fotos

twitter stickers

Estes días soubemos que próximamente, Twitter permitirá engadir stickers ás fotos que subimos. Deste xeito, poderemos engadir un punto de humor ou creatividade ás nosas fotos. Esta novidade estará dispoñíbel para dentro dalgunhas semanas e poderemos engadir todo tipo de emojis, xiras as fotos, cambiar tamaños,… entre outras cousas. Ademáis, se prememos sobre o sticker introducido na foto, veremos unha listaxe de fotos que xa empregaron antes, a modo de hashtag.

Google+ cumpre 5 anos, noraboa?

gplus 5 aniversario

O pasado 28 de xuño Google+, a rede social de Google que naceu para facerlle fronte a Facebook, cumpriu 5 anos. Coma rede social foi un auténtico fracaso, pero á súa sombra naceron outros proxectos coma Google Fotos ou Hangouts que a día de hoxe teñen unha boa acollida, pero a rrss é outra cousa.

Este será o derradeiro aniversario, ou seguirán apostando por Google+?

Sobre o autor

Reply