Vodafone regala meses de Spotify Premium ás clientas de Red, One M, L e XL

Días atrás falamos de como os dispositivos mp3 quedaron nun segundo plano grazas aos nosos smartphones, que hoxe son o epicentro do consumo de contidos multimedia. Mais nesta batalla tamén tiveron moito que dicir os servizos de streaming musical como Spotify, que hoxe en día empregan milleiros de persoas en todo o mundo.

Tras a promoción de meses de Netflix gratuitos, Vodafone apúntase agora a unha nova inciativa en conxunto con Spotify, pola cal regalará 6 meses de Spotify Premium ás clientas dos plans Red L, Red XL, One L, One XL ou Internet móbil L ou 3 meses para as de Red M ou One M. Co resto de tarifas ou unha vez rematados os meses promocionais, as usuarias de Vodafone pagarán 8,99 €/mes por Spotify Premium, no canto dos 9,99 € da tarifa estándar.

Spotify conta cun catálogo de máis de 30 millóns de cancións, que na versión premium pódense escoitar sen publicidade, con son en alta calidade, con ou sen conexión a Internet grazas ao modo offline e elixindo a música que queremos, sen saltos aleatorios tamén no móbil.

Vodafone non é a primeira operadora en dispór dun acordo destas características con Spotify, xa que tempo atrás Yoigo e Movistar tiveron outras semellantes. Cal será a seguinte proposta de valor engadido?

Sobre o autor

Reply