A Liña do Galego, un app que nos axuda a defender os dereitos como galegofalantes

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de presentar esta mañá A Liña do Galego, unha aplicación coa que as usuarias poden facer todo tipo de consultas ou queixas relacionados coa nosa lingua.

a liña do galego 02

Esta aplicación lanzada pola Mesa supón unha canle máis de comunicación coa que poderemos comentar se nunha empresa, institución, … atopamos algún tipo de problema para empregar a nosa lingua ou se nos poñen trabas para recibir información en galego. Tal e como vemos na imaxe superior, a app conta cun sinxelo formulario para plantexar a nosa situación, e ademais poderemos anexar fotografías que axuden a describir o problema.

a liña do galego 01

Mais non todo van ser queixas! A aplicación tamén permite parabenizar a aqueles lugares nos que teñen unha actitude positiva co galego e, polo tanto, onde calquera galegofalante pode sentirse como na casa.

Ao recibiren as queixas, A Mesa pola Normalización Lingüística abre un expediente numerado para facerlle un seguementoe de xeito anual, realízase un informe con todas as consultas, queixas e parabéns realizados para facer un diagnóstico e mellorar aquilo que sexa preciso no seguinte ano.

A Liña do Galego está dispoñíbel para a descarga de xeito gratuíto nesta ligazón á Play Store.

Sobre o autor

Reply