Comeza a diversión: Pokémon Go xa está dispoñíbel

Despois de moito esperar, xa temos nas nosas mans a opción de instalar Pokémon Go, logo de ir vendo como chegaba a países como Australia ou Nova Zelanda, onde xa foi probado. O xogo é obra da xente de Niantic, a quen moitas coñecemos por Ingress, e pode(re)mos descargalo tanto na Play Store de Google como na App Store.

Porén, se es das que non teñen paciencia a que sexa oficial no noso país, aquí tes as claves para poder comezar a disfrutar del desde xa mesmo. Grazas a APK Mirror temos a APK dende onde poderemos descargarla e instalala fácilmente en dispositivos que teñan unha versión igual ou superior a Android 4.4, aínda que non é compatíbel coa beta de Android Nougat.

A instalación de paquetes APK en Android é moi común, sobre todo nos que casos como este nos que unha app non se lanza de forma global. O primer paso que debemos completar é activar a instalación de aplicacións descoñecidas dende o menú Seguridade e Privacidade do teu smartphone.

pokemonapk

O normal é que vos saia unha advertencia de seguridade como a que mostramos sobre estas liñas, pulsa aceptar e xa se completará a instalación.

Unha vez instalado teremos que escoller o sexo da nosa personaxe, tipo de roupa ou cor de pelo, e despois dunhas primeiras leccións co noso profesor xa estaremos case listas para saír na procura de Pokémons. Para comezar teremos a opción de escoller entre un “Charmander”, “Bulbasur” ou un “Squirtle”.

pokemon

E logo que?

Pois agora vén a parte máis divertida do xogo: saír cazar pokémons, para o que deberemos saír da nosa casa e ilos capturando coas opcións de realidade aumentada, algo que explicaremos con detalle nun artigo futuro.

Estades preparadas para a aventura? Contádenos as vosas impresións!

Vía

Sobre o autor

Reply