Días atrás anunciamos que Samsung estaba a traballar nunha versión do Galaxy S7 Edge co gallo dos Xogos Olímpicos de Río, un dispositivo que vén de ser anunciado oficialmente baixo o nome de Samsung Galaxy S7 Edge Olympic Games Edition.
O dispositivo, que é idéntico á versión estándar en canto a especificacións técnicas, venderase nun número limitado de países: Corea do Sur, Estados Unidos, China e Alemania. O prezo de referencia europeo, alemán, será de 879 euros.
Como se pode ver no vídeo que acompaña este texto, o dispositivo integra no seu deseño diferentes detalles vencellados aos Xogos, como os aros de cores nas botoneiras e na cámara, mais tamén en canto ao software, onde teremos unha animación diferente de inicio e contidos exclusivos.
Que vos parece?