Como denunciar unha aplicación na Play Store

As tendas de aplicacións para móbiles e tablets son unha ferramenta moi interesante que nos axudan moito a sacarlle todo o xugo aos nosos dispositivos. A día de hoxe a topamos unha milleiros de aplicacións para cubrir a mesma necesidade, ademáis de moitos xogos ou outras un pouco raras, desde o punto de vista da utilidade.

Entre todas tamén se agochan moitas outras que, unha vez instaladas, só buscan acceder aos nosos datos persoais, infectar os terminais… e outras maldades. Para axudar a limpar a Play Store deste tipo de apps, existe unha opción para facerlle chegar unha denuncia a Google, de maneira que así eles poden revisar se esa app está sometida ás normas da tenda ou se, pola contra, é preciso eliminala da tenda de aplicacións.

denunciar app 01

O procedemento para denunciar unha aplicación é o seguinte: unha vez atopada unha app que pode ter algún problema, só temos que ir ao final da app e atoparemos a opción marcar como inadecuado, onde nos aparecerá un sinxelo formulario. Prememos a opción que máis se adapte á nosa queixa e enviamos.

denunciar app 02

Moi doado, non si? Con este xesto axudamos a Google a localizar aplicacións maliciosas e entre todas facer da Play Store un sitio máis seguro.

Disclaimer: a app que ilustra este artigo foi elixida ao chou.

Sobre o autor

Reply