Mallando no Android

Menu
  • Inicio
  • Aplicacións
  • Smartphones
  • Tarifas
  • Reviews
  • Contacto e redes
    • Contacto e redes
    • Quen somos
    • Únete a nós!
    • Nos medios
  • Telegram
  • RSS
Inicio
freedompop
&
tarifas
FreedomPop xa está dispoñíbel no noso país
freedompop, tarifas

FreedomPop xa está dispoñíbel no noso país

Autor Iago Varela Martínez O día 12 Xullo, 2016 Non hai comentarios

Hai uns días falámosvos das tarifas de FreedomPop para o noso país, a operadora que ofrece unha liña de móbil gratuíta ou tarifas que inclúen unha cantidade datos abonda por prezos de risa. Hoxe faise oficial e xa podemos solicitar unha tarxeta SIM desta novidosa compañía.

As tarifas da compañía resúmense en 5 plans de prezos a elixir, que mudan lixeiramente sobre as que falaramos.

  • Free: 100 minutos, 300 SMS e 200 MB de datos por 0 €/mes
  • Plan 1: 200 minutos, 500 sms e 1 GB de datos por 4,99 €/mes
  • Plan 2: chamadas e sms ilimitados e 2 GB de datos por 8,99 €/mes
  • Plan 5: chamadas e sms ilimitados e 5 GB de datos por 15,99 €/mes
  • Plan 10: chamadas e sms ilimitados e 10 GB de datos por 28,99 €/mes

freedompop - 1

Ademais, todos os plans inclúen uso de WhatsApp sen computar no consumo de datos móbiles, aínda que nisto hai unha política de uso razoábel que limita aproximadamente este uso a 500 MB/mes. Tamén inclúen roaming en 25 países (Comunidade Europea e Estados Unidos), malia que proximamente tamén se sumarán a esta listaxe Brasil, México, Tailandia e Vietnam.

En canto aos sobrecustes, no caso de precisar máis datos os megas cobraranse a 1,5 céntimos/MB no caso de sermos usuarias do plan básico ou a 1 céntimo/MB se somos de calquera outro de pago. Tamén poderemos acumular os datos non consumidos mes a mes (até 20 GB), aínda que para iso debemos contratar un servizo extra que ten un custo de 1,99 €/mes. FreedomPop tamén aplicará certos comportamentos sociais, polo que por exemplo as usuarias poderán pasarse os datos que non usen e por cada recomendación recibirán 20 MB/mes extra.

As chamadas que se inclúen nas tarifas máis básicas son a través de vozIP, é dicir, por Internet. Pero tamén ofrecerán un servizo de Voz Premium (con custe nos plans básicos, gratuíto nos altos) que permitirá chamar vía GSM.

En canto a cobertura, empregan a rede de Orange e contan con 4G, aínda que están a falar con un segundo operador para ter unha rede máis extensa, algo que nos recorda ao funcionamento da operadora móbil de Google.

Con todo, polo de agora a operadora comeza a operar na súa fase beta, na que iremos entrando por orde de inscrición, e tampouco permite facer portabilidades desde números actuais, algo para o que teremos que agardar aínda uns meses.

Podedes saber máis na súa web.

Artigos relacionados

O Grupo Másmóvil mellora as tarifas das súas marcas Yoigo e Másmóvil

Coa disculpa do Black Friday algunhas operadoras están a aproveitar …
21 Novembro, 2019
4 minutos de lectura

Vodafone empezará a cobrar por defecto os excesos de datos o 16 de febreiro

Ao contrario ca noutros países da contorna, no estado español …
9 Febreiro, 2015
2 minutos de lectura

Tuenti deixa de cobrar polo exceso de datos

Cando rematamos os datos móbiles da nosa tarifa poden darse …
20 Maio, 2017
2 minutos de lectura

Sobre o autor

Iago Varela Martínez

Techie, geek e frikiño. Apaixonado dos trebellos e da ciencia

Reply

Cancelar a resposta

Buscador

Hosting por Logo Dinahosting

Achega económica

Axúdanos cunha aportación económica periódica (suscrición) ou puntual (doazón). Clic aquí para saber máis ou selecciona unha das seguintes opcións.









2023 © copyright Mallando no Android
Feito con ❤️ na Galiza 
Esta páxina usa cookies para mellorar a túa experiencia de navegación. Asumimos que estás dacordo, pero podes abandonar a web se o desexas Aceptar Reject Ler máis
Lei de cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR