Samsung Galaxy J2 2016, o primeiro terminal con Samsung Smart Glow

Samsung anunciou hai uns días na India un novo terminal, o Samsung Galaxy J2 2016. Trátase dun dispositivo de gama básica que destaca por ser o primeiro en incorporal o anel Smart Glow, un novidoso sistema de notificacións e alertas.

Samsung Galaxy J2 2016 - 3

O trebello actualiza o Galaxy J2 orixinal, mellorando especialmente na pantalla, un panel Super AMOLED HD de 5 polgadas e resolución 1280 x 720 píxeles. No seu interior temos un procesador de catro núcelos a 1,5 GHz, xunto con 1,5 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 128 GB.

Samsung Galaxy J2 2016 - 2

En canto ás cámaras, na traseira temos un sensor de 8 megapíxeles, con flash LED, mentres que a frontal ofrécenos unha calidade de 5 megapíxeles. Leva unha batería de 2600 mAh de capacidade e conectividade LTE Cat 4.

Anel de notificacións Smart Glow

Mais como xa comentamos, a gran feito diferenciador deste dispositivo é a nova funcionalidade Smart Glow. Trátase dun LED que rodea completamente a cámara traseira e que serve para avisarnos de novas notificacións ou axudarnos a sacar un selfie.

samsung smart glow

Smart Glow dispón dun código de cores que podemos personalizar ao noso gusto, para saber quen nos está chamando dun xeito moito máis visual que os clásicos LEDs habituais nos nosos aparellos

Prezo e dispoñibilidade

Samsung non confirmou que o dispositivo vaia chegar ao noso país, aínda que o máis probábel e que o faga máis adiante. Na India véndese por uns 130 euros ao cambio.

Sobre o autor

Reply