SPC Glee 9, unha tablet sinxela para as pequenas da casa por 79 euros

SPC vén de anunciar o lanzamento dunha nota tablet, a SPC Glee 9, un dispositivo sinxelo orientado ás máis pequenas da casa. Tan só custa 79 euros e xa se pode mercar nos principais establecementos de electrónica en rosa ou azul.

A SPC Glee 9 ten unha pantalla de 9 polgadas con resulución HD (1024 x 600 píxeles), e no seu interior alberga un procesasor de catro núcleos a 1,3 GHz, con arquitectura Cortex A7. Ademais leva 1 GB de memoria RAM e 8 GB de almacenaxe interna, aínda que esta capacidade podémola aumentar a través de tarxetas microSD externas de até 32 GB.

A batería é de 4000 mAh e como opcións de conectividade temos Bluetooth e WiFi 802.11 b/g/n. Tamén leva cámaras frontais e traseira, sen especificar, e como sistema operativo Android 5.1, que con toda certeza non vai ser actualizado a versións posteriores.

Como podedes ver, trátase dun modelo modesto, pois está pensado para que as pequenas da casa teñan un “xoguete” no que poder estar entretidas, como primeira aproximación ao mundo tecnolóxico.

Sobre o autor

Reply