O BQ Aquarias X5 Plus porase á venda o 28 de xullo

bq vén de anunciar que o seu bq Aquarias X5 Plus sairá á venda o próximo 28 de xuño, aínda que xa está en prevenda a través da tenda online por 279,90 euros (versión con 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna) ou 319,90 euros (3 GB de RAM e 32 GB de memoria).

O dispositivo forma parte desa chamada gama media premium, que integra especificacións medias e uns acabados de calidade. No caso do X5 Plus atopámonos cun marco metálico que mellora a sensación de dispositivo de coidado deseño.

Integra unha pantalla Full HD de 5 polgadas, con 440 ppp e protección Dinorex, ademais dun brillo de 500 nits. No seu interior temos un procesador Qualcomm Snapdragon 652, de 8 núcleos a 1,8 GHz, e versións de 2 GB de RAM + 16 GB de memoria interna ou 3 GB de RAM con 32 GB de memoria, aínda que en ambos casos ampliábeis mediante microSD.

BQ Aquaris X5 Plus - 2

A cámara principal é de 16 megapíxeles. Trátase dun sensor Sony IMX298 con apertura de f/2.0, flash de dobre ton e autoenfoque PDAF, que tamén é capaz de gravar vídeo a 4K. No caso da cámara frontal temos un sensor de 8 emgapíxeles, o Sony IMX219, cunha apertura de f/2.0.

Como sinal diferenciadora, ademais de ser compatíbel con GPS e GLONASS, bq tamén incorpora o sistema de navegación por satélite Galileo. Ademais dispón de Dual SIM, LTE, NFC, lector de pegadas dixitais, LED de notificacións e unha batería de 3200 mAh.

Como comentamos ao comezo, o dispositivo xa está en prevenda a través da tenda online, e se pode mercar en gris ou rosa.

Sobre o autor

Reply