500 MB de datos e chamadas a 0 cént/min por 3,50 €/mes con Happy Móvil

Non existe un único perfil de usuaria, polo que tampouco existe unha tarifa universal. De entre as ducias de ofertas e alternativas das operadoras hoxe queremos falarvos de Habla y Navega Mini, unha proposta de Happy Móvil pensada para aquelas persoas que teñen un baixo consumo de datos e realizan chamadas esporádicas.

Esta tarifa ofrécenos por 3,50 €/mes un volume de 500 MB de datos móbiles e chamadas a 0 cént/min durante os 10 primeiros minutos da chamada; a partir dese momento cóbranse a 1 cént/min. O único que se paga sempre é o establecemento de chamada, que custa 18,5 cént/chamada.

Por comparar con outras alternativas, Masmóvil permite combinar unha oferta semellante (500 MB e chamadas a 0 céntimos) por 3,70 €, e a galega R cobra pola tarifa 1 (500 MB e chamadas a 1 cént/min con 21 cént/establecemento) 8 €.

Happy Móvil é unha operadora virtual que traballa coa rede de Orange.

 

Sobre o autor

Reply