Pokédrone, o drone para cazalos a todos

Hai que atrapalos a todos! Mais, que pasa cando os Pokémon aparecen en lugares pouco accesíbeis ou aos que supoñen unha dificultade engadida? Pensemos, por exemplo, nos que poidan aparecer en lugares onde “non podemos pisar o céspede” ou peor aínda, no medio dun río.

Para eses momentos inventouse o Pokédrone. Trátase dun pequeno drone que tamén inclúe un mando que serve para manexalo, soster o móbil e de base para o despegue do miniaparello. Grazas a el poderemos ir un paso máis lonxe á hora de saír de caza.

O minidrone conéctase ao móbil a través de WiFi e habilita o seu propio GPS e cámara. Deste modo pode buscar por nós os Pokémon, que veremos na nosa pantalla do móbil para cazalos co método habitual.

pokedrone

Polo de agora o Pokédrone está en fase beta para limar algúns conflitos de compatibilidade co xogo, mais a idea é poñelo á venda no menor tempo posíbel e sendo compatíbel tanto con Android como con iOS. En canto a prezos, apúntase que podería situarse por baixo dos 100 euros.

Sobre o autor

Reply