O HP Elite X3 chegará a finais de verán ao noso país

Logo da súa presentación durante o pasado Mobile World Congress, HP vén de anunciar que antes de que remate o verán poderemos mercar o HP Elite X3 no noso país, un dispositivo que combina as posibilidades dun PC coa versatilidade dunha tablet e as capacidades de mobilidade que nos ofrece un smartphone.

hp elite x3 - 1

Trátase dun dispositivo de produtividade móbil deseñado especialmente para usuarias profesionais que buscan un modo de acceso sinxelo ás aplicacións, documentos e outros datos sen ter que andar mudando de dispositivo. Deste modo, pódese comezar unha tarefa nun lugar e rematala noutrosen ter que gardar, sincronizar ou reiniciar cando se usa o HP Elite X3 con Microsoft Continuum, HP Workspace ou as opcións adicionais HP Desk Dock e HP Lap Dock.

hp elite x3 - 2

Está previsto que se poña á venda a finais de verán, concretamente en agosto, e terá un prezo que partirá dos 699 € (IVE á parte). O bundle que inclúe o Desk Dock custará 729 € (sen IVE) e o bundle completo de HP Elite X3, Desk Dock e Lap Dock estará dispoñíbel por 1199 € (sen IVE).

Máis info: web oficial.

Sobre o autor

Reply