Como xa sabedes, desde hai apenas unha semana Pokémon Go xa está dispoñíbel de forma oficial, aínda que as máis frikiñas xa estabamos a disfrutar deste xogo grazas ao ficheiro APK dispoñíbel en APKMirror.
Con Pókemon Go, Nintendo quixo dar un enfoque diferente os xogos de realidade aumentada dos nosos smartphones e púxose en mans de Niantic, a quen coñeciamos polo popular xogo Ingress, para que a súa idea fose adiante. Tendo en conta o número de descargas que leva a aplicación na Play Store desde que saiu oficialmente, non cabe máis que falar de éxito rotundo.
Logo duns días con ela xa vos podemos dar as nosas primeiras impresións sobre o xogo. A simple vista é moi sinxelo de xogar, só temos que ter ganas de botarnos a rúa e camiñar, xa que principalmente temos que movernos para que poidamos ir atrapando novos membros para a nosa “Pokédex”.
Unha vez configurada a nosa personaxe, que só podemos personalizar lixeiramente, teremos que escoller tamén o noso primeiro Pókemon de viaxe entre Bullbazur, Charmander e Squirtle. Algúns rumores apuntan a que Niantic deixou a porta aberta a poder escoller a Pikachu, como na historia real do xogo, aínda que no noso caso non chegamos a probar estas teorías.
Ao chegármonos ao nível 5 xa teremos acceso a poder combater nos ximnasios, e será o momento de escoller en cal dos bandos queremos xogar.
O profesor daranos a escoller entre tres opcións diferentes:
- Amarelo: Equipo Instinto.
- Azul: Equipo Sabiduría
- Vermello: Equipo Valor.
Unha vez que teñamos escollido o equipo o cal nos queremos unir só teremos que continuar coa nosa caza de Pokémons e xa poderemos atacar ou defender os ximnasios.
Por outro lado están as Poképaradas. As Poképaradas son espazos nos que teremos a posibilidade de obter artigos que serán de axuda ao longo da nosa aventura. Estes obxectos aparecerannos aleatoriamente, e tras un (breve) espazo de tempo poderemos regresar á Poképarada para conseguir máis cousas.
Entre os artigos que nos poden saír nestas Poképaradas temos:
- Pokéballs
- Revivir
- Pocións
- Ovos pokémon
- Incienso
- Incubadoras
- …
Estas Poképaradas son de cor azul, mais cando quedan baleiras cambian a ou ton violeta, como se pode ver na seguinte captura.
Finalmente, cabe destacar que o mundo Pokémon ten unha gran masa social detrás, polo que nestes intres xa podemos atopar diferentes comunidades en Google +, pero neste caso imos indicar a creada en Galiza, na cal se pode atopar información variada sobre o xogo, como atopar a outros xogadores da mesma zona ou poñerse en contacto entre eles.
Así que deixamos que saiades a rúa e a desfrutar das vosas capturas!
Google Play | Pokémon Go