Aínda que non houbo anuncio oficial, a propia MediaTek vén de descubrir algunhas das características do seu novo procesador, o MediaTek X30, fabricado con tecnoloxía de 10 nanómetros e que muda a gráfica Mali-Txxx por un modelo PowerVR GPU.
O MediaTek X30 engade un procesador de 10 núcleos, dos cales dous serán Cortex X73 traballando a 2,8 GHz, catro Cortex A53 a 2 GHz e Cortex A35 a 2,2 GHz. Será compatíbel con memorias RAM de até 8 GB, e o feito de ter unha gráfica PowerVR din que axudará a ofrecer un maior rendemento cun menor consumo de batería.
Ao non producirse anuncio oficial cabería agardar que este novo microprocesador fose a aposta de MediaTek para ofrecer aos fabricantes de terminais nos seus dispositivos referencias do próximo ano, aínda que se cadra xa vemos algún modelo estreándoo antes de final de ano.