O Cat S60 ponse á venda no noso país

Un dos trebellos que máis nos chamaron a atención durante o Mobile World Congress foi o CAT S60, un teléfono que ademais de resistilo (case) todo tamén ten na súa cámara un factor diferenciador, xa que se trata dunha cámara térmica.

cat s60 - 3

O trebello conta coas seguintes especificacións:

  • Pantalla de 4,7 polgadas, con resolución 720p, protección Gorilla Glass 4 brillo de 540 nits.
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 617 (8 núcleos a 1,5 GHz)
  • 3 GB de memoria RAM
  • 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD
  • Cámaras de 13 e 5 megapíxeles
  • Batería de 3800 mAh
  • LTE Cat 7

Porén, o que máis chama a atención é a súa cámara térmica FLIP, que nos permite medir en tempo real e/ou capturar en foto ou vídeo as temperaturas do entorno, así como ver a través do fume durante un incendio.

cat s60 - 2

Ademais, o S60 conta con resistencia a auga (pode ser somerxido 2 metros, 5 se protexemos o auricular e o micrófono) e tamén aos golpes, xa que a súa pantalla reforzouse cunha capa protectora de 1 mm. Isto permítelle aguantar caídas de 1,8 metros.

O CAT S60 pódese mercar a través da páxina web da compañía por 699,90 €, aínda que tamén está dispoñíbel nas tendas das cadeas Worten e The Phone House.

Sobre o autor

Reply