Google notificará os accesos á conta no noso smartphone

A nosa conta de Google é hoxe un ben prezadísimo, xa que a través dela podemos acceder ao noso correo electrónico, mais tamén aos eventos de calendario, arquivos na nube, maps, contactos, fotos… e un senfín de datos e información que mete medo. Por iso, garantir a seguridade da nosa conta de Google debe ser unha cuestión máis ca prioritaria.

avisos google - 1

Ademáis de cuestións que podemos facer as usuarias, como ter un contrasinal forte e actualizado ou ter activada a verificación en dous pasos, Google está traballando nun sistema de notificacións que avisará nos nosos terminais móbiles dos accesos ás contas de Google.

avisos google - 2

Desta maneira, cada vez que alguén (unha persoa intrusa ou nós mesmas) acceda á nosa conta de Google desde un dispositivo novo, recibiremos inmediatamente unha notificación no noso smartphone, e poderemos revisar desde onde ser realizou para comprobar se se trata dun acceso lícito ou se, polo contrario, hai alguén máis con acceso aos nosos datos.

No caso de que sexa un acceso autorizado temos a posibilidade de bloquear a conta no trebello involucrado, tras o cal deberíamos modificar os nosos datos de acceso á contapara garantir que non se volvesen producir roubos de datos.

Que vos parece esta solución?

Sobre o autor

One Response

  1. Fran 8 Agosto, 2016 Responder

Reply