Weimei Force, un gama media por menos de 160 euros

A española Weime Mobile vén de pór a venda un novo dispositivo, o Weilme Force, un trebello de gama media e grandes dimensións no que apostan polos acabados en metal e un coidado deseño, malia ter un grosor de 8,5 mm.

O Weimei Force integra unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución HD (720p) e acabado cunha lixeira curvatura 2.5D. No seu interior leva un procesador que, malia non estar especificado o modelo concreto, é de catro núcleos e ten unha velocidade de reloxo máxima de 1,3 GHz. Está acompañado de 3 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 128 GB de capacidade.

weimei force - 1

No apartado fotográfico temos unha cámara principal con resolución de 13 megapíxeles e flash LED, mentres que o sensor frontal é de 5 megapíxeles. A batería sitúase nos 2400 mAh de capacidade e dispón de dobre espazo para tarxetas SIM. En canto a sistema operativo, leva Android 6.0 Marshmallow coa capa de personalización WeOS.

O Weimei Force xa se pode mercar no noso país por 159,99 euros en branco ou negro, tendo Amazon a exclusiva até o día 14 de agosto. Logo dese data xa estará dispoñíbel nas tendas habituais.

Sobre o autor

Reply