Asus prepara o seu primeiro smartwatch circular

Asus foi dos primeiros fabricantes en apostar polos reloxos Android Wear cos seus ZenWatch e ZenWatch 2, dispositivos nos que souberon marcar as diferenzas fronte outras marcas, con deseños coidados e acabados de calidade para todos os gustos. Neles apostaron por pantallas rectangulares, aínda que cunha lixeira curvatura para feclos máis atractivos.

O modelo que prepara Asus para este ano, o ZenWatch 3, deixaría de lado a aposta polas pantallas cadradas para sumarse as circulares, moito máis semellantes aos reloxos tradicionais e, polo tanto, deseños que funcionan mellor en canto a vendas.

Asus Zenwatch 3 - 1

O novo trebello traería de serie Android Wear 2.0, a nova versión do sistema operativo de Google para wearables, que se adapta moito mellor a este tipo de pantallas. Sobre as súas especificacións, polo de agora só se sabe que contará con Bluetooth 4.2, WiFi b/g/n e acabados en metal.

Vía

Sobre o autor

Reply