Google Play acepta comentarios de todo o mundo
Desde agora xa non será preciso ter un perfil de Google+ para facer comentarios na tenda de aplicacións de Google, a Google Play Store. Unha pequena actualización recibida estes días permite comentar ou facer valoracións só cunha conta de Gmail.
Google Maps xa permiter gardar mapas na SD
A última actualización (v. 9.34.1) da aplicación de mapas de Google xa permite seleccionar onde gardar os mapas que descargamos para poder usalos sen conexión, incluíndo a posibilidade de facelo na SD do voso terminal e así liberar espazo. Esta opción atopámola seguinto a ruta: axustes sen conexión – preferencias de almacenamento – tarxeta SD.
Ademais, esta versión trae outra interesante novidade: desde agora, podemos indicarlle a Google Maps que só funcione se estamos conectados a unha wifi e se non é así que tire automaticamente dos mapas que temos gardados no noso terminal. Ollo, non é que a aplicación non funcione, se non que a información que nos ofrece é moi limitada. Deste xeito podemos facer un uso máis eficiente dos datos, se imos ao extranxeiro ou estamos acadando o límite do noso plan.
Whatsapp incorporará os mensaxes multidestinatarias
Cada semana aparecen novidades en canto a novas funcionalidades que se van integrando na aplicación de mensaxería máis popular. Nesta liña e xa dispoñíbel na versión beta da app, aparece a posibilidade de copiar unha mensaxe e compartila con diferentes usuarias e mesmo en diferentes grupos ao mesmo tempo.
Como vos diciamos, polo de agora non aparece na versión final de app pero se queredes empregar de xeito habitual a versión beta, nesta ligazón poderédevos dar de alta como beta testers e así descargala.
NOTA: como versión de proba que é, pode non funcionar correctamente.
Pokemon GO xa conta cunha parodia de cine para adultos
Un xogo que conta xa con máis de 100 millóns de descargas na Play Store en tan pouco tempo, podémolo calificar exitoso. Deste xeito, non é raro que todo tipo de negocios vencellados á súa popularidade comecen a chegar de inmediato.
Nesta liña, atopamos esta semana unha parodia de cine para adultos do xogo lanzada pola productora Brazzers. O director de producto da compañía, Mario Nardstein dixo: “unha parodia de Pokemon Go era unha obviedade para nós”, pois esta productora non é a primeira vez que fai parodias relacionadas con películas famosas.
Chama a atención que WhatsApp teña esa opción de colar e pegar a estas alturas do filme, cando Telegram o ten dende a primeira versión. Por outra banda (off topic), o fío ou código que tedes RSS (xml) non debe estar moi fino dende o último troco feito, antes deixaba ver toda a publicación e o ligazón que dirixía ao sitio web en cada fío, ía cara a publicación… Agora, aparte de non poder ollar unhas poucas palabras, sempre da erro (404).
Suxerencia: aparte de arránxalo, engadir un botón para compartir en Telegram
Graciñas polos comentarios, Mondo.
Temos detectado o problema cos RSS, pero estamos pendentes de levar a cabo varios cambios, entre eles un de deseño e relativo ao feed. Sentimos as molestias que está a causar actualmente.
Por outro lado, apuntamos a idea do Telegram 🙂